martes, 23 de diciembre de 2008

I CROSS POPULAR CONCELLO DE ORDES
O Atletismo Ordes organiza a primeira edición do I Cross Popular de Ordes xunto ao Campo da Feira o domingo 1 de febreiro de 2009 de acordo ao seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa
clasificación conxunta. O Control das carreiras estará a cargo do Clube Atletismo Ordes
2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PREBENXAMIN: Atletas nados 2002 e posteriores
BENXAMÍN: Atletas nados nos anos 2000/2001
ALEVÍN: Atletas nados nos anos 1998 / 1999
INFANTIL: Atletas nados nos anos 1996 / 1997
CADETE: Atletas nados nos anos 1994 / 1995
XUVENIL: Atletas nados nos anos 1992 / 1993
XUNIOR: Atletas nados nos anos 1990 / 1991
PROMESA-SENIOR: Atletas nados entre os anos 1975 e 1989
VETERÁNS A Atletas nados entre os anos 1964 e 1974
VETERÁNS B Atletas nados entre en 1963 e anteriores
3. DISTANCIAS E HORARIOS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:55 PREBENXAMIN (MIXTO) 500 M
11:00 BENXAMÍN (MIXTO) 1000 m
11:15 ALEVÍN MASCULINO E FEMININO 1500 m
11:30 INFANTIL e CADETE MASCULINO 3000 m
11:45 INFANTIL , CADETE e Xuvenil FEMININO 2500 m
12:00 XUVENIL, XUNIOR , PROMESA , SENIOR VETERÁNS A-B 5000 m Tanto Femenino coma Masculino a excepción da categoria Xuvenil que so compite a masculina
13:00 ENTREGA DE PREMIOS
4. PREMIOS E TROFEOS
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados de cada categoría e sexo. Máis ao primeiro atleta de cada carreira empadroado no concello de Ordes tanto masculino como femenino agas na categoria Xuvenil, Xunior, Promesa, Senior, Veteráns A-B que recibiran premio os tres primeiros locais desta carreira.
5. As inscricións poderanse remitir ó correo electrónico
atletismoordes@hotmail.com , ou nos teléfonos 881981187 - 660694586
facendo constar os seguintes datos: Nome e Apelidos, data deM
nacemento, clube e nº de licencia federativa (se a ten) e localidade
de procedencia . O prazo de inscrición acabase o dia 31 de xaneiro as 11:00 horas.
6.A saída terá lugar na zona do Campo da Feira de Ordes. Disputarase sobre un circuito de terra no cal a organización avisa da posible utilización de zapatillas de clavos. Haberá servicio de duchas e vestiarios a disposición dos atletas na piscina municipal.
7.Os participantes estarán na saída 10 minutos antes do comezo da súa proba.
8.A entrega de dorsais terá lugar 30 minutos antes da
proba. Os dorsais colocaranse nun lugar visible no peito,
9.respetándose a publicidade existente neles. Caso contrario infractor será descalificado
10. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos
participantes e tamén a entrada ó circuito de toda persoa
allea á carreira.
11. A Organización non se responsabiliza dos danos morais
ou materiais que, a sí mesmo ou a outras persoas,
ocasionen os participantes das diferentes probas, antes,
durante ou como consecuencia da súa participación nesta
proba.
12. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre
calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste
regulamento.
12. A participación na proba suporá a total aceptación deste Regulamento.